11067_1271681236172_1354134205_778850_923503_n

Completaron o 'set' case en branco.

11067_1271680076143_1354134205_778848_5771264_n

Metéronlle seis chicharriños.

Eq. Vermello 1 – 6 Eq. Negro

Eq. vermello: Iván Campos, Josiño, Iglesias, Taboada, Avelino, Ucha, Rodicio, Rubén, Dani, Garrote, Aitor.

Eq. negro: Menor, Rubén Pérez, Argos, Carlos, Jardón, Rafa, Carolo, Guedella, Jimmy, Tucho, Cid, Rafa.

Árbitro: Antonio Docabo, na súa volta á arbitraxe.

Incidencias: Partido correspondente ao Magosto do 2009 da delegación de árbitros  de fútbol de Ourense.

O equipo negro impúxose por seis (6) goles a un (1) no partido do Magosto deste ano, ¿sorprendendo? a propios e estraños con unha vitoria contundente do equipo que a priori non era favorito.

Como ningún dos administradores deste blog puido acudir ao Magosto xa que estudamos fóra de Ourense (excepto Jimmy, que é moi vago), non temos crónica. Se algún quixera facela e enviárnola por mail, estaríamosvos ben agradecidos.

De todas formas, estamos seguros de que o Magosto deste ano tamén trouxo risas, chourizos, castañas, ver a Jorge vestido con mandilón e a Óscar Yáñez por os seus puntos na rica carne de todas as edicións.

Que envexa, eu quería ter estado… Prohibido pór un Magosto un mércores, caramba!

P.S.: Se me esquezo do nome de algún, perdoade, simplemente é porque non saídes na foto. Só sei que, alén dos que non aparecen, tamén estaba Rafa. Do resto, nanai.

B.