EQUIPO NEGRO:
Iván Campos, Rodicio, Jimmy, Breo, Rafa, Zulema, Quintas.
EQUIPO GRIS:
Diéguez, Álvaro, Adán, Ucha, Carolo, Lucía, Rubio.
Colexiada:
Rúas Barrosa, do colexio de Ourense.
Campo:
Os Carrís. 1 persoa no campo. Na segunda metade, 2 persoas.
O equipo NEGRO impúxose onte ao gris por seis goles a dous (6-2) nun partido que se disputou n´Os Carrís grazas á inestimable colaboración de José Morales, que prestou todo o seu empeño para que se disputara.
Nun partido no que contabamos con moitas baixas e onde non se puido ver toda a nosa calidade, o equipo NEGRO foi superior- quizais froito da descompensación que supuxeron as baixas e a reorganización a última hora. Cun tres a un (3 – 1) na primeira parte e cun resultado final de seis a dous (6-2), o partido, se se lle pode chamar así, serviu ao equipo como unha pequena proba de cara a partidos vindeiros.




















