No menú non vai haber ñoclas. Unha verdadeira pena.

No menú non vai haber ñoclas. Unha verdadeira pena.

Informamos a todos, por se algún non se enterou, de que ESTE XOVES É O ÚLTIMO DÍA PARA PAGAR A CEA BIANUAL DE LUGO. Cousas de Coruña, que o venres ten que estar enviada a relación da xente que vai acudir. Força pois, companheiros!

O prezo a pagar son 50 € para membros da organización arbitral e 60 € para acompañantes. Xa sabemos que é caro, pero a vida ten estas cousas. O menú xa o veredes no colexio. Non vai haber ñoclas.

Efrén, no centro da imaxe

Efrén, no centro da imaxe

Noutra orde de cousas, o noso compañeiro Efrén – como moitos xa sabedes – pasou o primeiro corte do cursiño de ascenso e acudirá a Madrid á última fase. Dende aquí queremos darlle forzas,  que xa é hora de volver ter un “Segunda B” na nosa delegación. Xa lle pode ir tocando o Palencia, que ascendeu e alguén lle terá que arbitrar e ir de asistente.

¡¡¡¡VAMOS EFRÉN!!!!

Ademais, as sensacións dos demais que acudimos ao cursiño en Coruña son bastante boas. A ver se volvemos con cinco ascensos, aínda que iso agora xa non depende de nós e sabemos que vai ser moi difícil. Unha pena que non o saibamos até dentro de un mes ou algo máis; un tempo que se vai facer eterno.

Un guiño do homenaxeado ao pobo palestino

Un guiño do homenaxeado ao pobo palestino

Por último, queremos reflectir neste blog o grande éxito da cea de Rubén (e del propio), con máis de duascentas persoas á mesa; o que amosa a non só a súa calidade arbitral, senón tamén humana. Que grande es, rizos.

Beijocas!

Anunciar que o próximo venres 29 de Maio celebrarase a cea-homenaxe na honra do noso compañeiro D. Rubén Docabo Otero, no restaurante Pazo de Monterrei (Pereiro de Aguiar).

Máis informacion en: http://www.homenajerubendocabo.com

Pois chegado xa o final da tempada, como cada ano, o próximo sábado 23 de Maio celebrase o cursiño de ascenso ás diferentes categorías.

Para acadar o ascenso, os aspirantes, deberan pasar probas, tanto físicas como técnicas, e competir cos aspirantes das outras delegacións polas prazas dispoñibles.

Este ano, representan á Delegación de Ourense os seguintes colexiados:

Terceira División:

  • Efrén Álvarez Prada

Preferente Autonómica:

  • Breogán Antón Martinez Vila

  • Juan Francisco Queija Domínguez

Primeira Autonómica:

  • Adán Gómez Fernández

  • Daniel Hernández González

  • Óscar Pozo Álvarez

Desexarlles moita sorte, esperemos que todos eles poidan acadar o ascenso e estar o ano que ven unha categoría por enriba da actual. E para os que non tiveran a sorte de clasificarse, animalos a que traballen duro durante a próxima tempada para tratar de clasificarse na próxima ocasión, ao final o esforzo sempre ten recompensa.

Imos ver. Con motivo da visita a Palencia:

  • XOVES
  1. Comida ás 14.30 no Cándido.
  2. Visita ás termas de Outariz. Os que non vaian comer, ás 17.00 alí.
  3. Visita arundínea por Ourense (se dá tempo)
  4. Cea ás 21.30 nas Caballerizas.
  5. Saída nocturna.
  • VENRES
  1. Comida ás 14.30 no Bicherías.
  2. Viaxe a Maside para xogar un partido interdelegacións ás 17.30
  3. Volta a Ourense e cea ás 21.30 no San Marcos.
  4. Saída nocturna.

Ningunha comida nin ningunha cea excede os 20 €.

Grazas por todo.

Onte tivemos outra agresión, e xa van dous en dúas fins de semana. A de onte foi a Rafa, compañeiro co que teño persoalmente unha excelente relación, e certo cariño porque ascendemos xuntos a Preferente. Si, porque este árbitro é de Preferente e sufriu unha agresión nun partido de Segunda Autonómica QUE NON TIÑA POR QUE ESTAR ARBITRANDO. Obviamente, non somos estrellitas -nin nolo cremos- pero a actitude duns poucos van acabar por facerlle dano a moitos que se comportan ben todas as semanas e que non teñen culpa de que lle guste o mesmo deporte que a certos ENERGÚMENOS.  E parece ser que non foi precisamente unha caricia o que lle pasou.

Nós somos árbitros, non parvos. Tamén sabemos reaccionar. Por exemplo, podemos negarnos a arbitrar se non hai forza pública (e se a hai, tamén) ou podemos negarnos a arbitrar partidos que non sexan da nosa categoría. Que por que non o facemos? Polo ben común, e porque tamén nos gusta o fútbol, como a outros moitos. O triste vén cando existen persoas como a de onte (por chamalo dalgunha maneira) que se queren cargar este deporte. Ao final van acadalo. Ao final conseguirán que levemos o regulamento A RAJA TABLA. Ao final farán que protestemos como temos que protestar, e que non se celebren o 80% dos partidos.

Parece que esa xente se esquece que SEN ÁRBITROS NON HAI FÚTBOL. E, o que é máis grave, parece que se esquecen que nós, ante todo, somos persoas.

Sinceramente: ogallá non volvas xogar ao fútbol nunca. Polo ben común.

Perdoade por tardar, anda. Non puidemos telos colgado antes:

PRIMEIRA AUTONÓMICA

  • Monterrey – Caldelao: Carid, asistido por Cristina e Pablo Crespo.
  • Rúa – Amoeiro: Falcón, asistido por Cacheiro e Iván.
  • Vilariño – Polígono: Bugueiro, asistido por Casillas e Rubén Pérez.
  • Covadonga – Rocas: Vences, asistido por Cilleros e Janeiro.
  • Maside – Cortegada: Hernández, asistido por Marta e Carlos.
  • Ramirás – Antela: Iglesias, asistido por Sole e Iovanna.
  • Nogueira – Francelos: Pozo, asistido por José Antonio e Sousa.
  • Vilamarín – Velle: Jardón, asistido por Castro e Zulema.
  • Peroxa – Allariz: Juan, asistido por Martínez e Lucía.

SEGUNDA AUTONÓMICA

  • Valenzá – Palmés: Rodicio.
  • Barra de Miño – Melón: Quieja, asistido por Carrasco e Vieira.
  • Lodairo – Arenteiro “B”: Jiménez, asistido por Janeiro e Karin.
  • Moreiras – Loñoá: Alfonso, asistido por Adridán e Guerra.
  • Entrimo – Celanova “B”: Diéguez.
  • Taboadela – Piñeira Seca: Aitor, asistido por Guedella.

TERCEIRA AUTONÓMICA

  • A Merca – Manchica “B”: Patolas.
  • Allariz “B” – Muntián: Ucha, asistido por Toño Caldelas e Vázquez García.
  • Bande – A Saínza: Rafa.
  • Espadana – Corbelle: Zamorano.
  • A Bola – Lobios: Vila.
  • Arnuíd – Riós: López

« Páxina AnteriorSeguinte páxina »