Informamos a todos, por se algún non se enterou, de que ESTE XOVES É O ÚLTIMO DÍA PARA PAGAR A CEA BIANUAL DE LUGO. Cousas de Coruña, que o venres ten que estar enviada a relación da xente que vai acudir. Força pois, companheiros!
O prezo a pagar son 50 € para membros da organización arbitral e 60 € para acompañantes. Xa sabemos que é caro, pero a vida ten estas cousas. O menú xa o veredes no colexio. Non vai haber ñoclas.
Noutra orde de cousas, o noso compañeiro Efrén – como moitos xa sabedes – pasou o primeiro corte do cursiño de ascenso e acudirá a Madrid á última fase. Dende aquí queremos darlle forzas, que xa é hora de volver ter un “Segunda B” na nosa delegación. Xa lle pode ir tocando o Palencia, que ascendeu e alguén lle terá que arbitrar e ir de asistente.
¡¡¡¡VAMOS EFRÉN!!!!
Ademais, as sensacións dos demais que acudimos ao cursiño en Coruña son bastante boas. A ver se volvemos con cinco ascensos, aínda que iso agora xa non depende de nós e sabemos que vai ser moi difícil. Unha pena que non o saibamos até dentro de un mes ou algo máis; un tempo que se vai facer eterno.
Por último, queremos reflectir neste blog o grande éxito da cea de Rubén (e del propio), con máis de duascentas persoas á mesa; o que amosa a non só a súa calidade arbitral, senón tamén humana. Que grande es, rizos.
Beijocas!



Mércores, 3 Xuño 2009 at 19 : 23 : 39
espero que el menu en lugo sea mejor que el del otro dia porqu eel viernes fue una absoluta basura,
yo estoy hasta las pelotas, siempre nos roban el dimero para comer una bazofia.
por lo menos lo pasamos bien con D. Rubén.
Mércores, 10 Xuño 2009 at 12 : 31 : 26
como?? a mi me gusto mucho la comida.
De todas formas, nunca comimos mal en una bianual, y si es el mismo sitio que la ultima bianual seguro que os gusta mucho