Continuamos coa sección. Hoxe só toca unha: volvín escoitala onte e tocoume a moral moito, MOITO.
- - ¡¡¡¡ÁRBITRO!!!! ¡¡Que la está jugando desde el suelo!! ¡¡Éso es falta!!
Explicación: En ningunha parte do regulamento de fútbol da temporada 2008/2009 se fai referencia á ilegalidade cando se fala de xogar a pelota dende o chan. De feito, esta circunstancia nin se menciona, porque é algo totalmente legal. O que non está permitido facer dende o chan, é reter o balón -coas dúas pernas, impedindo que o xogue un contrario, etcétera-. Se se dera esa circunstancia, o equipo do xogador que estea cometendo a acción será sancionado con tiro libre indirecto.
Sei que é unha utopía que frases como esta se eliminen do terreo de xogo, pero paréceme necesario que, polo menos os visitantes deste blog, as coñezan e intenten non volver protestar cousas como esta. E se vos interesa, podedes acceder ás outras na páxina de arriba “Regulamento de patio de colexio”, que ten unha ligazón á primeira parte -xa publicada anteriormente-. Seguiremos traballando nesta sección.
Un saúdo.

Xoves, 15 Xaneiro 2009 at 11 : 34 : 08
Gustaríame saber se pensades que a xente vai leer esto, o mellor e que levedes estas normas e as repartades polo campo de fútbol antes do partido haber se así vos fan caso. un saudiño
Xoves, 15 Xaneiro 2009 at 14 : 51 : 13
Pois non o sei, o indice de visitas dime que aínda o le bastante xente pero bueno, creo que o importante e intentálo. E aínda que sexan poucos ou so un o que o faga, aínda así pagará a pena.
Un saudo.
Venres, 16 Xaneiro 2009 at 00 : 42 : 08
pois se tanto queredes que se enteiren repartide as normas o comezo do partido é o mellor
Sábado, 17 Xaneiro 2009 at 00 : 03 : 25
Se me pagas tu as fotocopias, eu encantadao de facelo.
Bueno agora en serio, penso que cando alguén pretende practicar algún deporte o primeiro é aprender as normas, o futbol son mais cousas que darlle catro patadas a un balón, e os que se teñen que preocupar de aprendelo son os xogadores, entrenadores, etc.
O árbitro esta para facer cumplir as normas, non para ensinalas.
Sábado, 17 Xaneiro 2009 at 01 : 31 : 54
que va ho!, o árbitro está para ensinar aos rapaces, para facer gañar aos equipos, para quitar tarxetas, para roubar, para ser prepotente, para que o tonto da aldea ou o pai rabioso desafoguen as súas iras. Cando entras a un campo de fútbol todo é normal e bo roio, pero cando das o pitido inicial…la cosa cambia.
Luns, 19 Xaneiro 2009 at 11 : 51 : 19
Home se cambia, o que pasa que hai moito listo
Venres, 23 Xaneiro 2009 at 18 : 06 : 19
Moito listo?
Venres, 23 Xaneiro 2009 at 18 : 13 : 29
claro hai moito listo nos campos, e o que dicías de ensinar os rapaces pois a verdade e que é verdade que os hai que ensinar de feito somos árbitros educadores temos que ensinarlles as regras o pitar e moitas veces reprendelos toma nota pretorium
Venres, 23 Xaneiro 2009 at 18 : 27 : 14
Somos árbitros educadores? home iso depende a que nivel e a que momento da tempada te refiras. Se me dis que un alevín en novembro pois non sabe sacar de banda, pois mira persoalmente non sería a primeira vez que antes de darlle o saque ao outro equipo póñome a explicarlles como se fai.
Agora se me dis que o mesmo equipo ao que lle tentaches ensinar, che fai o mesmo en xuño e o adestrador diche que en vez de facerlles repetir que os tes que ensinar tu (cousa que xa me pasou) pois apaga e vámonos, xa me dirás ti para que está o adestrador, estará por estar, pois os nenos na tempada non aprenderon nada. Ou que o nun equipo de cadetes/xuvenís de liga galega o lateral saque mal de banda non unha senón 3 ou 4 veces, pois obviamente á 5ª vez xa lle das o saque ao outro equipo.
E tu falas dos rapaces, pero os xogadores de rexional que aínda encima cho protestan? a eses tamén lles ensinas? toma nota rubén.
Sábado, 24 Xaneiro 2009 at 20 : 29 : 31
eu falo de benxamins e alevins fenomeno que eres un fenomeno, sempre queres ter o as para matar otres pero vai ser que está vez ficaches atrás ja ja ja. sabes o que che digo pretorium que fagas o que vexas. En alevíns conven facer eso
Domingo, 25 Xaneiro 2009 at 04 : 27 : 39
Pois especificaras. Logo ti cando arbitras ensínaslle aos rapaces. Eu puxen un exemplo do que fixen algures e ben sei que pensas coma min. Home eu alevins e benxamins hai tempo que non os pito, aínda que iría encantado. E por qué lle podes ensinar a un alevín e a un benxamín e a un infantil ou cadete non? Creo que o teu as non era o do triunfo, así que regalaches unha brisca.
Se vas argumentar algo faino ben e abarca tódolos extremos posíbeis.
Por certo en futbol base a figura do adestrador logo para qué sirve.
Domingo, 25 Xaneiro 2009 at 15 : 33 : 43
Escoitsa rapaz, eu tamén fai moito tempo que non pito esas categorías. A resposta é precisa os nenos non teñen malicia ningunha e con nove anos igual non sacan sempre ben ou trabucanse e é mellor que o aprendan para que no futuro poidan facelo correctamente, é o futuro son cadetes. Nesa categoría xa teñen que estar acostumados a realizar as cousas ben, ahí non hai que explicar xa teñen que saber. Por eso se o facemos dende o principio, nas categorías superiores todo s cumprirán mellor o regulamento e serán máis respetuosos.
Xaque mate
Domingo, 25 Xaneiro 2009 at 16 : 43 : 02
Ti de verdade arbitras? polas cousas que dis parece un conto de “La Granja de la Alegría”, a meirande parte do que dis é utópico.
E sobre iso de que os nenos non teñen malicia, pois se xa non pitas alevíns acordaraste que un alevín zumboulle unha bofetada a un árbitro que ademáis é amigo meu, aínda que bueno certo é que se pitan sós, o malo de pitalos son os pais e nais
Se tanto afán pedagóxico tes, fala co Barril e que chos dea, sería unha proposta moi loábel.
Pero non respondiches, os adestradores para qué están. Porque hai uns que fan un traballo espectacular cos rapaces, pois por dicir algún nome Modesto ou Aníbal…
Match point (xa que estás con metáforas)
Domingo, 25 Xaneiro 2009 at 21 : 49 : 39
Tes razón os adestradores teñen que ensinar os rapaces, eu so che digo que os benxamíns por exemplo case sempre se botan un balón fora dubidoso ou algo parecido non protestan porque dánse conta de que tiveron eles a culpa. En algo tes razón nesas categorías a culpa e dos pais que son realmente os que meten presión e insultan o colexiado. Sinceiramente repitoche que en alevín e benxamins existen tácticas e maneiras para que os rapaces coñezan o regulamento. Pódeselle mandar repetir un saque, expulsalo dous minutos ou incluso facer que o entrenador o cambie ou falar con él e dicirlle que lle dé a mal o rival para solucioonar os problemas. Eso é o que che digo, espero a túa resposta con énfase e dubido que un alevín lle zumbe unha bofetada a un árbitro
Sábado, 12 Decembro 2009 at 00 : 13 : 06
Wow, I did not know about this topic up to now. Cheers.